Uploader: Jude
Country: Dominican Republic
Uploaded: May 23, 2018
Price: Free

Please, verify you are not robot to load rest of pages

os vellos non deben namorarse - pdf free download

OS VELLOS NON DEBEN DE
NAMORARSE
OS VELLOS NON
DEBEN DE
NAMORARSE
AFONSO DANIEL RODRÍGUEZ
CASTELAO
A Petapouca
Os vellos non deben de namorarse Copyright © 2013
This book was produced using PressBooks.com, and PDF rendering was done
by PrinceXML.
Contents
Prólogo
v
Lance Primeiro
Persoaxes
Escea I
Escea II
Escea III
Escea IV
Escea V
Escea VI
Escea VII
2
4
11
13
20
22
29
36
Lance Segundo
Persoaxes
Escea I
Escea II
Escea III
Escea IV
42
44
51
56
63
Lance Terceiro
Persoaxes
Escea I
Escea II
Escea III
Escea IV
Escea V
Escea VI
67
69
74
78
81
85
88
iii
Epílogo
Escea única
92
Indicacións
99
iv
Prólogo
Miñas donas e meus señores:
Axiña ides ver unha farsa en tres lances, na que se demostra que os vellos
non deben de namorarse; pero non pensedes que a miña obra é de tesis. Non
é de tesis, non. Trátase apenas dunha síntesis artística, ou máis ben, artimaña
escenográfica onde xogan o amor e a morte de tres vellos imprudentes: o
boticario don Saturio, que non aturóu a falcatruada de Lela e mátase con
solimán da súa propia botica; o fidalgo don Ramón, que por un bico de
Micaela morre deitado no esterco; o vinculeiro señor Fuco, que por casar con
Pimpinela mórrese de felicidade. Son tres faces diferentes dun mesmo drama,
contado á maneira galega e para regalía dos que poidan comprender o noso
linguaxe. Pero este coñecidísimo drama, que agora ides ver nunha farsa nova,
é, asimismo, un aviso de tres estalos que lle damos aos vellos namoradeiros.
Compre decir que as vellas non están no caso dos vellos, anque os amores
serodios andan sempre aparellados coa morte, pois neste caso sóio perden a
vida os mozos que se deixan chuchar por vellas indecentes. Non, o drama é de
homes que se namoran a destempo, porque non souperon aproveitarse do amor
cando eran mozos ou porque pretenden bulrarse da morte cando xa a levan
ao lombo. Os homes deben buscar tesouros amorosos na mocedade, e gardalos
ben gardadiños para cando chegue a vellez, si é que arelan o respeto do mundo
e non gostan de vérense retratados nesta caste de comedias. Ninguén se bulra
dun vello e dunha vella que siguen amándose tolamente. ¡E qué emoción dá
ver a un vello vedreiro que chora por amor que perdéu cando era mozo! Os
vellos deben gardar amores antigos, porque axúdanlles a vivir; pero cos amores
novos, e a súa morte fai rir ás xentes.
Co dito abonda para que comencemos a farsa. E si ela fose do voso agrado o
autor sentiríase ledo.
v
vi Os vellos non deben de namorarse
Lance Primeiro
Persoaxes
O BOTICARIO
Vello namoradizo, que ten, ademáis, a desgracia de chamarse Saturio.
LELA
Moza requentada na súa propia malicia.
O CARABINEIRO